Entre todas as medidas para a prevención da contaminación na industria alimentaria, a limpeza e desinfección, ocupa un lugar predominante en calquera establecemento onde se preparan os alimentos. Con moita frecuencia, desenvólvense complexos estudos sobre tecnoloxía, química, microbiología e, demais ciencias aplicadas á industria limentaria, así como da enxeñería e máquinas que facilitan o proceso, deixando de lado ou esquecendo, que a limpeza das instalacións, equipos e todos os elementos que interveñen no proceso de produción, é imprescindible para a obtención dun bo produto.
A través dunha división especializada, elaboramos programas específicos de limpeza e higienización e desenvolvemos servizos de limpeza (matadoiros, salas de preparación e envasado de alimentos, adegas, salas brancas, etc.), colaborando co cliente na implantación dos sistemas APPCC (Sistemas de Análises e Control de Puntos Críticos), desenvolvendo e implantando protocolos específicos en funcion das áreas a limpar, establecendo os procedementos e frecuencias, utilizando para iso os produtos e medios adecuados, realizando posteriores auditorías do sistema implantado.
Así, os nosos plans de traballo inclúen maquinaria para a ozonización de salas, uso da vaporización para higienizar as superficies, produtos específicos de contacto alimentario, maquinaria para a limpeza das cintas transportadoras, utilización de equipos autónomos de alta presión, instalación de centrais de dosificación especificas para o sector, etc. Todo xestionado por un equipo humano especialmente formado para a limpeza alimentaria.