A nosa finalidade é dar respostas creativas ás máis variadas solicitudes de deseño, desenvolvemento e mantemento, resolvendo así as necesidades de institucións públicas, empresas e particulares por integrar o medio ambiente nas súas actuacións e proxectos.

Ofrecemos servizos integrais que abarcan dende o deseño inicial ao mantemento, pasando pola execución do proxecto.

O noso equipo está integrado por técnicos e creativos dos campos do paisaxismo, a arquitectura, o urbanismo, a enxeñería química, a bioloxía, a enxeñería agrónoma e de montes e a xestión de proxectos, consagrados á concepción e desenvolvemento de proxectos de paisaxismo e espazos axardinados.

A nosa actuación cobre os seguintes campos:

» Proxectos e execución de obras de paisaxismo.
» Conservación e mantemento integral de zonas verdes.
» Conservación e mantemento integral de mobiliario urbano e xogos infantís.
» Conservación e mantemento integral de campos deportivos.
» Dirección facultativa e asistencia técnica de obras de paisaxismo.